Fosa nasal | |
---|---|
Anatomía da fosa nasal | |
Corte lateral da fosa nasal | |
Latín | cavum nasi |
Gray's | pág.994 |
MeSH | Nasal+Cavity |
Unha fosa nasal é unha abertura disposta xeralmente no nariz dalgúns animais, por onde intercambian osíxeno e dióxido de carbono co medio aéreo. Algúns mamíferos acuáticos, como as baleas ou os golfiños, teñen as fosas nasais situadas na parte superior do cranio no canto de no nariz, facilitando así a respiración cando ascenden á superficie.
Aínda que, nun sentido recto, a denominación de fosa nasal correspondería unicamente ás aberturas do nariz, na práctica aplícase tamén ás cavidades nasais que se abren tras estas.