Fossa das cavernas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||
Estado de conservación | |||||||||
![]() Extinto [1] | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Nome binomial | |||||||||
'Cryptoprocta spelea' Grandidier, 1902 | |||||||||
![]() Fósiles atopados de subespecies de Cryptoprocta: azul-C. spelea; verde—C. ferox e C. spelea; vermello—C. ferox[2]
| |||||||||
Sinonimia[3] | |||||||||
|
A fossa das cavernas (Cryptoprocta spelea), tamén coñecida como fossa xigante, é unha especie de carnívoro extinto de Madagascar pertencente á familia dos eupléridos. Esta familia ten as mangostas como parente máis achegado e inclúe todos os carnívoros malgaxes. Foi descrita por vez primeira en 1902, e en 1935 foi recoñecida como especie diferente do seu parente máis achegado, a fossa (C. ferox), que aínda vive hoxe en día. A fossa das cavernas era meirande que a actual, pero por outra banda eran bastante semellantes. Non foron consideradas sempre como dúas especies diferentes, e descoñécese cando e o motivo da desaparición da forma máis grande.
Esta especie coñécese a partir de ósos subfósiles descubertos nunha serie de covas do norte, oeste, sur e centro da illa de Madagascar. Nalgúns lugares foron atopados xunto con restos de C. ferox, mais non hai probas de que ámbalas especies vivisen no mesmo período.