Fototropismo

Arabidopsis thaliana (plantphys.net)
Phycomyces, fungo

Fototropismo ou fototaxis é o nome que recibe o movemento de certos seres vivos en reacción a estímulos luminosos, especialmente seres vivos como as plantas (por exemplo o xirasol), que en resposta a estímulos luminosos que poden estar enfrontados á fonte de luz solar (fototaxe positiva), e en dirección contraria (fototaxe negativa) ou perpendicular á súa dirección (fototaxe transversal).

Por exemplo, o fototropismo nas plantas é tal que o talo ten unha reacción positiva, é dicir, que se alonga cara á luz, e a raíz ten unha reacción negativa, o que leva ao seu crecemento lonxe da fonte de luz.

Tropismo cuxo axente excitante é a luz: os talos achéganse á fonte de luz e polo tanto teñen fototropismo positivo. As raíces, pola súa banda, dóbranse en sentido contrario á fonte de luz, mostrando fototropismo negativo (ou escototropismo cando o organismo busca zonas de sombra ou de menor luminosidade). Cando un talo se ilumina unilateralmente, na cara iluminada, prodúcese a fotodestrución dunha parte do AIA (ácido indolilacético - hormona vexetal coñecida como auxina) existente alí, que inhibe o crecemento nesa rexión. Con isto, o lado que permanece na escuridade medra máis, determinando a curvatura do talo cara á fonte de luz. Nas raíces, pola contra, a inactivación de parte do AIA presente na cara iluminada favorece o seu crecemento: de aí a curvatura destes órganos en sentido contrario á fonte de luz.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne