Francisco de Ulloa

Modelo:BiografíaFrancisco de Ulloa
Biografía
Nacemento?
España
Morte1540
Océano Pacífico
País de nacionalidadeespañola
Q89547790A exploración da costa occidental de México
Actividade
Ocupaciónexplorador

BNE: XX4440975

Francisco de Ulloa, desaparecido na costa do Pacífico de Norteamérica en 1540, foi un navegante español que explorou a costa occidental do actual México por mandato de Hernán Cortés.

Ignórase a data e o lugar do seu nacemento, aínda que é seguro que era español. Sábese que acompañou a Cortés na terceira viaxe de exploración do mar do Sur (océano Pacífico), viaxe na cal Cortés tratou de establecer unha colonia na baía de La Paz, que nomeou como baía da Santa Cruz. Ao retirarse Cortés cara á Nova España, deixouno a cargo do asentamento, cargo que ostentou até que o vicerrei Antonio de Mendoza y Pacheco ordenou que se abandonase a colonia e regresasen os colonos á Nova España.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne