Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1956 Londres, Reino Unido |
Morte | 3 de abril de 2002 (45 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Universidade Metropolitana de Leeds |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantante, músico |
Período de actividade | 1979 - |
Xénero artístico | New wave |
Instrumento | Sintetizador e voz |
Selo discográfico | Mute Records |
Sitio web | fadgadget.co.uk |
Francis John Tovey, coñecido como Fad Gadget, nado en Londres o 8 de setembro de 1956 e finado na súa cidade natal o 3 de abril de 2002, foi un músico e icónico vocalista de sona internacional asociado á música avant-garde, considerado como un promotor inicial da música industrial e new wave.[1]
Tovey influíu o movemento popularizado por bandas como Cabaret Voltaire, The Human League e Depeche Mode coa fichaxe polo selo Mute Records no ano 1979, como primeiro artista contratado pola firma. Usando o alcume de Fad Gadget, lanzou catro álbums, que estaban marcados polo funk electrónico escuro rematado polo distintivo acento inglés e xogos vocais con berros e asubíos do artista.