Franz Kafka

Modelo:BiografíaFranz Kafka

(1923) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1883 Editar o valor en Wikidata
Praga (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1924 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Kierling (Austria) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose larínxea
inanición Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNovo cemiterio xudeu de Praga
Grave of Franz Kafka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPraga Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade alemá de Praga - dereito (1901–1906)
Facultade de Filosofía da Universidade Alemá de Praga
Universidade Carolina de Praga
Faculty of Law, German University in Prague (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e Prague German Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, guionista, avogado, poeta avogado, sinistro (pt) Traducir, prosista, tradutor, aforista, autor de diarios, fabulista, escritor de contos, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAssicurazioni Generali (pt) Traducir
Allgemeine Unfallversicherungsanstalt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoModernismo, belas letras, conto, pritcha (en) Traducir e miniconto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura modernista e Existencialismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFriedrich Thieberger (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaDora Diamant Editar o valor en Wikidata
Fillossen valor Editar o valor en Wikidata
PaisHermann Kafka Editar o valor en Wikidata  e Julie Kafka Editar o valor en Wikidata
IrmánsElli Kafka
Valli Kafka
Ottla Kafka Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кафка Франц)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0434525 Allocine: 37066 Allmovie: p217647 IBDB: 11025
Facebook: FranzKafkaAuthor Youtube: UCkqAEWd6O4sXCWA7bZXH0Og BNE: XX907590 Bitraga: 404 Dialnet: 2565102 Spotify: 7MRBURCph1WLG6O5PSh7wR iTunes: 17268605 Musicbrainz: 43b658ff-e3e4-4928-9685-b1b7224d61d4 Discogs: 431267 IMSLP: Category:Kafka,_Franz Allmusic: mn0001979986 WikiTree: Kafka-45 Find a Grave: 559 Editar o valor en Wikidata

Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal,[1][2] é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos[3] e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais.

Escribio as novelas O proceso (Der Prozeß), Das Schloß (O castelo) e Amerika (ou Der Verschollene), a novela curta A metamorfose (Die Verwandlung) e un gran número de relatos curtos.[4] Ademais deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos.[5] O seu peculiar estilo literario foi comunmente asociado coa filosofía artística do existencialismo —ao que influíu— e o expresionismo. Os estudosos de Kafka discuten sobre como interpretar ao autor; algúns falan da posible influencia dalgunha ideoloxía política antiburocrática, dunha relixiosidade mística ou dunha reivindicación da súa minoría etnocultural, mentres outros se fixan no contido psicolóxico das súas obras. As súas relacións persoais tamén tiveron grande impacto na súa escritura, particularmente o seu pai (Carta ao pai), a súa prometida Felice Bauer (Cartas a Felice),[6] a súa irmá (Cartas a Ottla) e a súa amiga Milena Jesenská (Cartas a Milena).

Albert Camus, Jean-Paul Sartre, Jorge Luis Borges e Gabriel García Márquez atópanse entre os escritores influídos pola obra de Kafka. O termo kafkiano[7] úsase en galego para describir situacións insólitas, polo absurdas e angustiosas,[8] como as que se atopan nas súas obras e ten os seus equivalentes noutros idiomas. Só algunhas delas foron publicadas durante a súa vida; a maior parte, incluíndo traballos incompletos, foron publicadas polo seu amigo Max Brod, quen ignorou os desexos do autor de que os manuscritos fosen destruídos.

A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados.

  1. Miralles, Francesc (2000) "Franz Kafka". Océano Grupo Editorial, S.A. Barcelona. ISBN 84-494-1811-9
  2. Bloom, Harold (1994) "The Western Canon: The Books and School of the Ages". Harcourt Brace. ISBN 978-1-57322-514-4
  3. Spindler, William (1993). "Magical Realism: A Typology". Forum for Modern Language Studies XXIX (1). pp. 90–93. doi:10.1093/fmls/XXIX.1.75. 
  4. Kafka, Franz (2004) "Relatos completos" pp. 7 a 9. Editorial Losada. ISBN 84-933473-8-8
  5. Bibliografía en Kafka.org Arquivado 27 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  6. Rojo, José Andrés. «El amor insondable de Kafka y Felice.» 27 de noviembre de 2013. El País Consultado o 11 de xaneiro do 2023.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kafkiano.
  8. "Who Was Kafka?". The Nation. ISSN 0027-8378. Consultado o 11 de xaneiro do 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne