Freak Puke | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Melvins | ||||
Publicado | 2012 | |||
Gravación | 2012 | |||
Duración | 42:14 | |||
Xénero(s) | sludge metal, rock experimental | |||
Selo(s) | Ipecac, Amphetamine Reptile | |||
Produtor | Toshi Kasai, Melvins | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Freak Puke é o décimo oitavo álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, publicado o día 5 de xuño de 2012 a través do selo Ipecac Recordings. Conta cunha formación lixeiramente diferente composta por Buzz Osborne na guitarra e nas voces, Dale Crover na batería e Trevor Dunn no baixo. Esta formación xirou baixo o nome de "Melvins Lite". Trátase do primeiro álbum dende o Pigs of the Roman Empire (2004) que non conta cos membros actuais da banda, co baixista/vocalista Jared Warren e o batería Coady Willis. O tema "Let Me Roll It" é unha versión de Paul McCartney & Wings[1].