Frederik Willem de Klerk, nado en Xohanesburgo, Unión Surafricana, o 18 de marzo de 1936 e finado o 11 de novembro de 2021, foi un político surafricano, recoñecido por liberar de prisión a Nelson Mandela e por contribuír canda el a pórlle fin ao réxime do apartheid.[1] Ambos foron galardoados co Premio Nobel da Paz de 1993 e co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional de 1992 por este feito.[2] De Klerk foi tamén vicepresidente de Suráfrica durante a presidencia de Mandela.[3]