Friedrich Nietzsche |
|
Nacemento | (de) Friedrich Wilhelm Nietzsche 15 de outubro de 1844 Röcken (Reino de Prusia)
|
---|
Morte | 25 de agosto de 1900 (55 anos) Weimar (Imperio Alemán)
|
---|
Causa da morte | neurossífilis (pt) |
---|
Lugar de sepultura | Lützen (pt) |
---|
|
Catedrático de universidade |
---|
1869 – 1878 |
|
|
Educación | Universidade de Leipzig (1865–1879) Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1864–1865) Pforta (pt) (1858–) Domgymnasium Naumburg (en) (1854–) |
---|
|
Campo de traballo | Filosofía, estética, Nihilismo, Ética, psicoloxía, ontoloxía, poesía, filosofia da história (pt) , relixión, cultura, política e filoloxía |
---|
Lugar de traballo | Bonn Weimar Naumburg (Saale) Basilea Leipzig Schulpforte (en) |
---|
Ocupación | filósofo, filólogo clásico, crítico musical, erudito clásico, pedagogo, escritor, compositor, poeta, dramaturgo |
---|
Período de tempo | Filosofia do século XIX (pt) |
---|
Período de actividade | 1865 - 1889 |
---|
Empregador | Universidade de Basilea (1869–1878) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Lebensphilosophie (en) |
---|
Profesores | Jacob Burckhardt e Friedrich Wilhelm Ritschl |
---|
Alumnos | Rudolf Steiner |
---|
Influencias | Arthur Schopenhauer, Heráclito de Éfeso, Ralph Waldo Emerson, Charles Darwin, Parménides de Elea, Auguste Comte, Blaise Pascal, Richard Strauss, Niccolò Machiavelli, Richard Wagner, Adalbert Stifter, Edgar Allan Poe, Protágoras de Abdera, Giacomo Leopardi, Paul Bourget, Sexto Empírico, François de la Rochefoucauld, Hippolyte Taine, Ruđer Bošković (pt) , Lev Shestov (pt) , Baruch de Spinoza, Zoroastro, Baltasar Gracián, Bernard Mandeville (pt) , African Spir (pt) , William Butler Yeats, Michel de Montaigne, Demócrito de Abdera, Epicuro de Samos, Heinrich Heine, Stendhal, Oswald Spengler, Stefan George, Johann Joachim Winckelmann, Georg Christoph Lichtenberg, Johann Wolfgang von Goethe, Paul Tillich, Friedrich Albert Lange, Paul Rée, Jean-Jacques Rousseau, William Shakespeare, Jean Marie Guyau, Marcelo, Max Scheler, Max Stirner, Mary Wigman, Stefan Zweig, Adam Mickiewicz, Empédocles, Platón, Aristóteles, Gottfried Wilhelm Leibniz, Voltaire, Sócrates, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Immanuel Kant, Fiódor Dostoievski, filosofía grega, Dioniso, Alexandre o Grande, Homero, Xulio César, Esquilo, Teognis, Friedrich Wilhelm Ritschl, Lou Andreas-Salomé, Manu (pt) , Tucídides, César Borgia, Napoleón I de Francia e Alexander Herzen |
---|
|
Conflito | Guerra franco-prusiana |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pai | Carl Ludwig Nietzsche |
---|
Irmáns | Elisabeth Förster-Nietzsche |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ницше Фридрих) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
---|
Sitio web | pacelli-edition.de… |
---|
|
Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX.
Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida.[1] Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos.
Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
Se ben hai quen sostén que a característica definitoria de Nietzsche non é tanto a temática que trataba senón o estilo e o bo tino co que o facía, foi un autor que introduciu, como ningún outro, unha cosmovisión que reorganizou o pensamento do século XX, en autores tales como Martin Heidegger, Michel Foucault, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Gianni Vattimo ou Michel Onfray, entre outros.
Nietzsche recibiu un amplo recoñecemento durante a segunda metade do século XX como unha figura significativa na filosofía moderna. A súa influencia foi particularmente destacada nos filósofos existencialistas, críticos, fenomenolóxicos, postestruturalistas e posmodernos, e na socioloxía de Max Weber. É considerado un dos tres «mestres da sospeita» (segundo a coñecida expresión de Paul Ricoeur), xunto con Karl Marx e Sigmund Freud.
- ↑ Deleuze, Gilles (1967). Nietzsche y la filosofía. Anagrama: Barcelona, 2002, ISBN 84-339-0017-X.