O frigidarium é unha das tres salas de baño das termas romanas, na que se tomaban os baños fríos. Normalmente conta cunha piscina que pode variar en tamaño e forma.
Non se coñece con certeza a sucesión de baño nas thermae, pero pénsase que o bañista pasaría primeiro polo apodyterium, onde se espiría e gardaba a roupa, para despois entrar no eleothesium ou unctuarium para ser unxido con aceites. Despois de facer exercicio nunha sala ou corte especial, gozaba da sala quente, coñecida como calidarium ou caldarium, despois da sala de vapor (un sudatorium húmido ou un laconicum seco), onde probablemente quitaría o aceite coa axuda dun estríxil metálico curvo pasándoo pola pel, antes de trasladarse finalmente ao frigidarium coa súa pequena piscina de auga fría, ou ás veces non tan pequena.[1]