Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1891 Bayreuth, Alemaña |
Morte | 30 de novembro de 1976 (85 anos) Gräfelfing, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema |
Período de actividade | 1909 - |
Familia | |
Fillos | Renate Rasp |
Premios | |
|
Fritz Rasp, nado como Heinrich Fritz Rasp o 13 de maio de 1891, en Bayreuth e finado o 30 de novembro de 1976, en Gräfelfing, foi un actor alemán que apareceu en 104 películas durante seis décadas (de 1916 a 1976), sendo recoñecido principalmente polos seus roles de malo. Algúns dos seus papeis máis representativos foron en Spione (1928), Frau im Mond (1928) e en Metropolis (1927), de Fritz Lang; de feito, moitas das escenas deste último filme onde apareceu eran consideradas perdidas, até a recuperación dunha cinta completa en Buenos Aires en 2008, coas que se puido recuperar o 100% das escenas nas que aparecía Rasp.[1]