Fuerteventura

Modelo:Xeografía políticaFuerteventura
Imaxe

Localización
Mapa
 28°24′N 14°00′O / 28.4, -14
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
CapitalPuerto del Rosario Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación127.043 (2024) Editar o valor en Wikidata (77,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.633 km² Editar o valor en Wikidata
Medición28 (ancho) × 98 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico de la Zarza (807 m) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataMarcial Morales Martín (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código NUTSES704 Editar o valor en Wikidata

Fuerteventura é unha illa do arquipélago canario, situada no océano Atlántico a 97 km da costa noroeste de África. O 26 de maio de 2009 é declarada na súa totalidade reserva da biosfera pola UNESCO.

Pertence á provincia das Palmas, unha das dúas que compón Canarias, comunidade autónoma de España. A capital da illa é Puerto del Rosario (Puerto Cabras ata 1956), onde se atopa o Cabido Insular, que é o goberno da illa.

O nome indíxena da illa, antes da súa conquista no século XV, era Erbani coas súas dúas comarcas Jandía e Majorata ou Maxorata, de onde deriva o xentilicio majorero (orixinalmente maxo ou majo). Fuerteventura é a illa máis extensa da súa provincia, e a segunda das Canarias tras Tenerife.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne