Further Down the Spiral | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de remesturas de Nine Inch Nails | ||||
Edición | 1 de xuño de 1995 | |||
Gravación | 1994 - 1995 | |||
Duración | 63:56 60:20 (Records|V2) | |||
Xénero(s) | post-industrial, electrónica | |||
Selo(s) | Nothing Records | |||
Producido por | Rick Rubin, Danny Hyde, Trent Reznor, Chris Vrenna | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Further Down the Spiral é un álbum de remesturas da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 1 de xuño de 1995 polo selo Nothing Records. Trátase do disco de remesturas que acompaña ao álbum The Downward Spiral. Hai dúas versións deste lanzamento, a Halo 10 (editada nos Estados Unidos) e a Halo 10 V2 (no Xapón e no Reino Unido), e cada un ten unha listaxe de temas distinta.
O álbum converteuse nun dos discos de remesturas máis populares da banda, e foi certificado ouro en xuño de 1996, ao vender 500.000 copias só nos Estados Unidos.