Unha fusaiola[1] é unha pequena peza simétrica cun buraco na parte central (o eixo de rotación). Esta peza colócase no extremo inferior do fuso e permite enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión, un movemento semellante ao dunha buxaina. Hai constancia do seu emprego dende a prehistoria (data, cando menos, do século III ou IV antes da Nosa Era); e é frecuente atopala durante as escavacións nos sitios arqueolóxicos. Algúns dos materiais usados para a súa fabricación son o xiz, a pedra calcaria, a arxila ou os restos de cerámica. As formas máis sinxelas e arcaicas son as ovoides, achaiadas e troncocónicas.[2]
No caso das fusaiolas feitas con arxila, existen modelos con formas máis evolucionadas, é dicir, cun feitío bulboso, hemisférico e de aresta.