Fusobacterias

Fusobacterias

Fusobacterium novum en cultivo líquido.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Fusobacteria
Clase: Fusobacteria
Orde: Fusobacteriales
Xéneros

As fusobacterias (Fusobacteria) son un filo de bacterias con forma de bacilos, gramnegativas, anaerobias obrigadas e non formadoras de esporas. Desde os primeiros informes sobre estes microorganismos de finais do século XIX téñenselle aplicado diversos nomes, e ás veces aplicouse un mesmo nome a especies diistintas e había unha certa confusión entre os xéneros Fusobacterium e Leptotrichia. Anteriormente estaban clasificados coa familia dos Bacteroides, dos que foron separados. Máis recentemente, non só houbo cambios na súa nomenclatura, senón tamén intentos de diferenciar especies que se cre que son ou ben patóxenas ou ben comensais ou ambas as cousas. Debido á súa natureza asacarolítica (non consomen azucres), e a escaseza xeral de resultados positivos nas probas bioquímicas rutineiras, a identificación no laboratorio das fusobacterias foi difícil. Porén, a aplicación de novas técnicas de bioloxía molecular á taxonomía permitiron establecer un certo número de especies, e determinar a subspeciación de Fusobacterium necrophorum e F. nucleatum, e proporcionaron novos métodos para a identificación. Recoñeceuse a implicación das fusobacterias nun amplo espectro de infeccións humanas que causan a necrose dos tecidos e septicemia, e, máis recentemente, informouse da súa importancia en infeccións intraamnióticas, partos prematuros e úlceras tropicais.

É moi posible que a taxonomía das fusobacterias siga desenvolvéndose no futuro, con novos cambios.[1]

  1. K. W. Bennett & A. Eley (1993). "Fusobacteria : new taxonomy and related diseases". J. Med. Microbiol. 39 (1993) (4): 246–254. doi:10.1099/00222615-39-4-246. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne