G20 | |
---|---|
Estados membros Estados representados da U.E. Estado invitado | |
Acrónimo | G20 |
Tipo | grupo xeopolítico, organización internacional e organización intergobernamental |
Data de fundación | 26 de setembro de 1999 |
Fundador(es) | G7 e Paul Martin |
Nº de membros | 20 |
Na rede | |
https://g20.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]