GTPase

Variante da GTPase placentaria CDC42, na súa forma inactiva (unida a GDP).

En bioquímica, as GTPases ou guanosina trifosfatases[1] (EC 3.6.5) son unha superfamilia de encimas que consta de máis de 100 proteínas estruturalmente relacionadas, que regulan diversas funcións biolóxicas. Son enzimas de tipo hidrolase que poden unirse e hidrolizar a molécula guanosina trifosfato (GTP). A unión da GTPase ao seu substrato, o GTP, ten lugar nunha rexión do encima moi conservada denominada dominio G e é unha rexión común a todas as GTPases. A GTPase está activa cando está unida ao GTP e inactiva cando está unida ao GDP.[2]

  1. la 16ª edición de Harrison's Principles of Internal Medicine. "Abreviaturas (G)" (en español). The McGraw-Hill Companies. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2008. 
  2. Scheffzek K, Ahmadian MR (December 2005). "GTPase activating proteins: structural and functional insights 18 years after discovery". Cellular and Molecular Life Sciences : CMLS 62 (24): 3014–38. PMID 16314935. doi:10.1007/s00018-005-5136-x. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne