Gaelscoil

Gaelscoil (ˈɡeːl̪ˠsˠkɛlʲ; plural: Gaelscoileanna) é unha rede de escolas de ensino primario e secundario de Irlanda na que a lingua vehicular de ensinanza é o gaélico irlandés. O termo fai referencia ás escolas en irlandés que se atopan fóra das rexións de fala irlandesa, as Gaeltacht.[1]

Sinal dunha gaelscoil en Newry, Irlanda do Norte.
Na cidade e no condado de Dublín tamén hai escolas en irlandés..
Pasarrúas de entroido a cargo dos alumnos da gaelscoil de Omagh.

Os estudantes das Gaelscoileanna reciben o mesmo programa de estudos que nas outras escolas de Irlanda, mais aprenden a lingua irlandesa polo sistema de immersión lingüística.[2] Porén, os alumnos que se escolarizan en inglés teñen pouca competencia lingüística en irlandés, mesmo sendo este idioma materia obrigada en toda a República de Irlanda tanto no ensino primario como en secundaria. O actual goberno ten prometido facer reformas no programa educativo e na formación dos mestres nas escolas tanto en inglés como en irlandés.[3]

  1. "The Irish Language and The Irish People" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2014. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  2. Gaelscoileanna.ie (ed.). "What is Immersion Education?". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  3. Yfg.ie (ed.). "Young Fine Gael Endorse Fine Gael's Irish Language Policy". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne