Gaita irlandesa | |
---|---|
Uilleann pipes, pìobh-uilleann | |
![]() Gaita irlandesa, Uilleann Pipes. Instrumento de vento tradicional de Irlanda | |
Información | |
Clasificación | Aerófono |
Tesitura | Depende do set, pero habitualmente dende Re3 a Si5 |
Instrumentos relacionados | Gaita escocesa, gaita galega, Northumbrian smallpipes |
Músicos notables | Paddy Keenan, Liam O'Flynn, Seán Potts, entre outros |
Fabricantes notables | David Quinn, Geoff Wooff, Patrick O'Hare, entre outros |
Chamada Uilleann pipes, pìobh-uilleann ou gaita irlandesa, a historia da gaita de tubos en Irlanda remóntase a un período de 13 séculos. Nos antigos anais irlandeses hai referencias á frauta ou ao soplador de gaitas. Non se sabe con certeza cando se comezaron a tocar por primeira vez en Irlanda, pero pode que tivesen unha forma similar ás gaitas actuais de Escocia.
As uilleann pipes evolucionaron desde esa forma máis antiga e son, probabelmente, as gaitas máis complexas e sofisticadas do mundo. Crese que a forma actual de tubos orixinouse a principios do século XVIII.[1]
Comunmente está afinada en Re maior, porén tamén hai Uillean en Do maior e Si maior.
En 2018, a UNESCO declarou a gaita irlandesa como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade[2].
A Uilleann adoita ser empregada polas bandas de música celta, por exemplo The Chieftains (Paddy Moloney), e folk e fusións (folk rock, folk punk, folk metal...) e ten aparecido en diversas bandas sonoras na historia do cinema. Outros intérpretes célebres de gaita irlandesa son Michael McGoldrick, Liam O'Flynn, Paddy Keenan, Davy Spillane, Liam O'Flynn, Troy Donockley de Nightwish.[3]
A organización que promove e preserva a gaita irlandesa chámase "Na Píobairí Uilleann", NPB (literalmente en galego "Os Gaiteros Uilleann").[4]