Galaga

Galaga
Desenvolvedor(es)Namco
Distribuidora(s)Namco
Midway
Compositor(es)Nobuyuki Ohnogi
Lanzamento1981
XéneroTirador
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Arcade, varios
Na rede
IMDB: tt0302593 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Galaga (ギャラガ Gyaraga?) é un videoxogo arcade xaponés desenvolvido e distribuído por Namco no Xapón e por Midway en América do Norte en 1981. É a secuela de Galaxian, de 1979. O modo de xogo de Galaga pon ó xogador no control dunha nave espacial que se atopa na parte inferior da pantalla, que combate contra naves inimigas alieníxenas.

Galaga é un dos maiores éxitos comerciais e da crítica da era dourada dos videoxogos arcade. A versión arcade foi levada a moitas consolas, e tivo numerosas secuelas. No 2011, o xogo celebrou o seu 30 aniversario co lanzamento de Galaga 30th Collection para iOS.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne