A galanina é un neuropéptido codificado no xene GAL do cromosoma 11 humano,[1] que se expresa abundantemente no cerebro, medula espiñal e tracto dixestivo de humanos e outros animais. A sinalización que realiza a galanina prodúcese a través de tres receptores acoplados á proteína G.[2]
Descoñécense aínda moitos aspectos do papel funcional da galanina. A galanina está estreitamente implicada na modulación e inhibición de potenciais de acción en neuronas. Foi implicada en moitas funcións biolóxicas, como as seguintes: nocicepción, regulación da vixilia e o sono, cognición, alimentación, regulación do estado de ánimo e da presión arterial; tamén ten un papel no desenvolvemento e actúa como factor trófico.[3] As neuronas de galanina na área preóptica medial do hipotálamo poden dirixir o comportamento parental.[4] A galanina está ligada a varias doenzas como a enfermidade de Alzheimer, epilepsia, depresión, trastornos de alimentación, cancro e adicción.[5][6] A galanina parece ter unha actividade neuroprotectora, xa que a súa biosíntese se incrementa nun factor de 2-10 despois dunha axotomía no sistema nervioso periférico e cando ocorre unha actividade epiléptica no cerebro. Pode tamén promover a neuroxénese.[2]
É predominantemente un neuropéptido inhibitorio hiperpolarizante[7] e como tal inhibe a liberación de neurotransmisores. A galanina adoita estar colocalizada con neurotransmisores clásicos como a acetilcolina, serotonina e norepinefrina e tamén con outros neuromoduladores como o neuropéptido Y, a substancia P e o péptido intestinal vasoactivo.[8]
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid7508413
- ↑ 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome receptors
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18500643
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid24828191
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid16052044
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid15944034
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome neuroscience
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome acnp