GameSpot

Logo de GameSpot.

GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein.[1] Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot. O enderezo web de GameSpot.com é un dos sitios web máis consultados do mundo, de acordo co servizo Alexa Internet.

  1. "GameSpot.com WHOIS, DNS, & Domain Info - DomainTools". WHOIS. 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne