Game Boy

Logotipo da Game Boy.
Unha Game Boy.

A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada por Nintendo, que posúe un procesador de 8 bits. Foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy). Foi creada por Gunpei Yokoi e o equipo de desenvolvemento Research and Development 1 da Nintendo.

A Game Boy foi o segundo sistema portátil da Nintendo despois das series da Game & Watch iniciada en 1980 e collía elementos tanto da propia Game & Watch coma da NES.[1] Tamén foi a primeira videoconsola portátil que incluía o xogo do Tetris.

A pesar de que durante o período no que foi comercializada foron introducidas no mercado novas videoconsolas portátiles máis avanzadas tecnoloxicamente, a Game Boy continuou a ter un enorme éxito. As vendas combinadas da Game Boy e da Game Boy Color acadaron no mundo a cifra de 118'69 millóns de unidades vendidas.

Durante a súa vida útil lanzáronse varios redeseños, como a Game Boy Pocket en 1996 e a Game Boy Light en 1998 (esta última só no Xapón). A produción da Game Boy continuou até 2003,[2] moito despois do lanzamento da súa segunda sucesora, a Game Boy Advance, en 2001.

  1. Beuscher, Dave. "allgame (Game Boy > Overview)". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2014. Consultado o 2008-09-11. Un equipo encabezado por Gumpei Yokoi deseñou a Game Boy. Yokoi deseñara previamente xogos portátiles para Nintendo co sistema Game & Watch baseado en cartuchos, introducido en 1980. O seu persoal, chamado equipo número 1 de Investigación e Desenvolvemento (I+D), deseñara os exitosos xogos de NES Metroid e Kid Icarus. O que fixo o equipo de Yokoi foi crear un híbrido dos sistemas NES e Game & Watch. 
  2. Stuart, Keith. "Nintendo Game Boy - 25 datos para su 25 aniversario". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne