Gang of Four (grupo musical)

Gang of Four
OrixeLeeds, Inglaterra
Período1977 - 1983
1987 - 1997
2004 - 2020
2021 - presente
Xénero(s)post-punk, funk rock, dance-punk
Selo(s) discográfico(s)V2 Records, EMI, Warner Bros. Records, PVC/Jem, Fast Product
MembrosJon King
Hugo Burnham
David Pajo
Gail Greenwood
Antigos membrosDave Allen
Hugo Burnham
Ambrose Nzams
Sara Lee
Busta "Cherry" Jones
Andy Gill
Mark Heaney
Thomas McNeice
Na rede
gangoffour.co.uk
Facebook: gangoffourofficial Twitter: gangof4official Instagram: gangoffourofficial MySpace: gangoffour Youtube: UCW6JMhgMKkv48zkXHuIIRLA Souncloud: gangoffourofficial Spotify: 3AmWjMXXtBJOmNGpUFSOAl iTunes: 16629682 Last fm: Gang of Four Musicbrainz: d8661c02-f423-4d72-8044-40ff05daf7a1 Songkick: 393675 Discogs: 33929 Allmusic: mn0000193231 Deezer: 4717 Genius: Gang-of-four Editar o valor en Wikidata

Gang of Four é unha banda inglesa de post-punk procedente de Leeds, no norte de Inglaterra. A formación orixinal estaba composta polo vocalista Jon King, o guitarrista Andy Gill, o baixista Dave Allen e o batería Hugo Burnham. A banda estivo activa dende 1977 ata 1983 e reuniuse dúas veces nos anos 90 con King e Gill. No 2004 a formación orixinal volvería a tocar, pero no 2006 Allen foi substituído no baixo por Thomas McNeice e Burnham na batería por Mark Heaney.

A banda toca unha mestura de punk rock, funk e dub reggae, facendo énfase nos problemas sociais e políticos. Gang of Four é amplamente considerada unha das principais bandas do movemento post-punk de finais dos 70 e principios dos 80. Nos seus álbums Songs of the Free e Hard suavizaron algunhas das súas cualidades máis discordantes, e aproximáronse cara ao dance-punk e a música disco. O seu disco de estrea, Entertainment!, foi coocado no posto 490 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos" (na revisión da lista en 2012 pasaría ao posto 483)[1], e foi listado por Pitchfork Media como o 8º mellor álbums dos 70[2]. David Fricke, da Rolling Stone, describiu a Gang of Four como "probablemente a mellor banda con motivación política do rock & roll".[3]

  1. "500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2013. 
  2. "Top 100 Albums of the 1970s". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2013. 
  3. David Fricke, Rolling Stone, 7 de agosto de 1980

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne