Tipo | montaña montaña non escalada ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Bután e República Popular da China ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
División administrativa | Gasa, Bután (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Himalaia ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 7.570 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 2.995 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 228 km ![]() | |||
Gangkhar Puensum (en dzongkha: གངས་དཀར་སྤུན་གསུམ་) é a montaña máis alta de Bután e a máis alta do mundo cuxo cumio aínda non se acadou. Ten unha altitude de 7.570 metros e unha prominencia de 2.990 metros. O seu nome significa O pico branco dos tres irmáns espirituais.[1] Trala apertura de Bután para o montañismo en 1983, catro expedicións tentaron, sen éxito, escalar o cumio nos anos 1985 e 1986.[2] Porén, en 1998, un equipo conseguiu acadar un pico subsidiario da montaña dende a China.