Gardnerella | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe microscópica de células do epitelio vaxinal cubertas de células de Gardnerella vaginalis, aumentado x400. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gardnerella vaginalis' (Gardner and Dukes 1955)[1] Greenwood and Pickett 1980[2] |
Gardnerella vaginalis é unha especie de bacterias, a única especie do xénero Gardnerella. É unha bacteria con tinguidura de Gram variable anaerobia facultativa con forma de cocobacilo de 1-1,5 µm de diámetro, non formadora de esporas e non motil.
Esta especie foi tamén denominada Haemophilus vaginalis e Corynebacterium vaginalis. O xénero recibe o seu nome polo bacteriólogo americano Hermann L. Gardner (1918 – 2005), que a descubriu en 1955.
Gardnerella vaginalis crece formando colonias en ágar chocolate ou en ágar HBT pequenas, circulares, convexas, e grises. Un medio selectivo para G. vaginalis é o ágar sangue colistina-ácido oxolínico.