Geoffrey Chaucer, nado contra 1340 e finado en 1400, foi escritor, filósofo e diplomático inglés. Coñecido como o pai da literatura inglesa, é amplamente considerado como o meirande poeta inglés da Idade Media. Foi o primeiro poeta en ser soterrado na Poet's Corner da Abadía de Westminster. ó tempo que acadou gran fama durante a súa vida como autor, filósofo, químico e astrónomo, Chaucer tamén mantivo unha activa carreira no servizo civil como burócrata e diplomático. Entre os seus traballos, nos que se inclúen The Book of the Duchess, House of Fame, Legend of Good Women e Troilus and Criseyde, destaca pola obra Os contos de Canterbury. Chaucer é unha figura crucial no desenvolvemento da lexitimidade da lingua vernácula, o inglés medio, nun tempo no que as linguas dominantes na literatura de Inglaterra eran o francés e o latín.