Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1789 Erlangen, Alemaña |
Morte | 6 de xullo de 1854 (65 anos) Múnic, Alemaña |
Lugar de sepultura | Alter Südfriedhof (pt) |
Residencia | Principality of Bayreuth (en) |
Educación | Universidade de Erlangen-Núremberg |
Director de tese | Karl Christian von Langsdorf |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Lugar de traballo | Múnic Colonia |
Ocupación | físico, matemático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Múnic, catedrático (1852–1854) Universidade de Heidelberg Dreikönigsgymnasium (en) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Irmáns | Martin Ohm |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Georg Simon Ohm, nado en Erlangen, Baviera (Sacro Imperio Romano Xermánico) o 16 de marzo de 1789 e finado en Múnic (Reino de Baviera) o 6 de xullo de 1854, foi un físico e matemático alemán. Coñecido principalmente pola súa investigación sobre as correntes eléctricas, achegou á teoría da electricidade a Lei de Ohm. Estudou a relación que existe entre a intensidade dunha corrente eléctrica, a súa forza electromotriz e a resistencia, formulando en 1827 a lei que leva o seu nome que establece que: I = V/R. Tamén se interesou pola acústica, a polarización das pilas e as interferencias luminosas. A unidade de resistencia eléctrica, o ohmio, recibe este nome no seu honor.[1] Terminou ocupando o posto de conservador do gabinete de física da Academia de Ciencias de Baviera.