Georg Wilhelm Friedrich Hegel

Modelo:BiografíaGeorg Wilhelm Friedrich Hegel

(1831) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1770 Editar o valor en Wikidata
Stuttgart (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1831 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Berlín (Confederación Xermánica) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera, disputado Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dorotheenstadt Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Eberhard-Ludwigs-Gymnasium (en) Traducir
Universidade de Jena
Tübinger Stift (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaQ12899669 Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseFriedrich Schelling Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, lóxica, filosofia da história (pt) Traducir, estética, relixión, metafísica, epistemoloxía, filosofía política e filosofía social Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1818–1831) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, filósofo do dereito, historiador da filosofía, profesor universitario, lóxico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1788 Editar o valor en Wikidata - 1831 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena
Universidade Frederico Guillerme de Berlín
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
MovementoIdealismo alemán, Historicismo e hegelianismo Editar o valor en Wikidata
AlumnosMax Stirner Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohann Eduard Erdmann Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarie von Tucher (1811–) Editar o valor en Wikidata
FillosKarl von Hegel Editar o valor en Wikidata
PaisGeorg Ludwig Hegel Editar o valor en Wikidata  e Maria Magdalena Louisa Hegel Editar o valor en Wikidata
ParentesGeorg Ludwig Christoph Hegel, bisavó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Hegel, Georg wilhelm Friedrich (1770-1831), p.602-609)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гегель Георг Вильгельм Фридрих)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX840648 iTunes: 366222285 Musicbrainz: 1923602f-e93c-47fc-a342-fb1ca10250f5 WikiTree: Hegel-7 Find a Grave: 6664 Editar o valor en Wikidata

Georg Wilhelm Friedrich Hegel, nado en Stuttgart (Baden-Württemberg) o 27 de agosto de 1770 e finado o 14 de novembro de 1831 en Berlín, foi un filósofo alemán e un importante persoeiro do idealismo alemán. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición continental da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica[1]. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da filosofía occidental é recoñecida de xeito universal.

O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do idealismo, ás veces denominado «idealismo absoluto»[2], na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a dialéctica do amo e do escravo influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de espírito (Geitst, ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «sublimación» (Aufhebung 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a liberdade e entre a inmanencia e transcendencia. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da tese-antítese-síntese[3]; porén, isto foi citado por primeira vez por Johan Gottlieb Fichte[4].

Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. Karl Barth describiu a Hegel como un «aquiniano protestante», mentres que Maurice Merleau-Ponty escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de Marx e Nietzsche, a fenomenoloxía, o existencialismo alemán e a psicanálise— tiveron os seus comezos en Hegel».

  1. "Georg Wilhelm Friedrich Hegel". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  2. Este termo é bastante raro nos escritos de Hegel. Non se atopa en ningures en Wissenschaft der Logik (aínda que se achega nunha observación na páxina 124 da tradución do 2010 de Giovanni, GW 21.142). Na presentación da súa lóxica en Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften pódese atopar no §45R.
  3. Solomon, Robert C. (1985). In the Spirit of Hegel. Oxford University Press. ISBN 978-0195036503. 
  4. Gottlieb Fichte, Johann (1993). Fichte: Early Philosophical Writings. Cornell University Press. ISBN 978-0801481215. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne