George "The Iceman" Gervin, nado o 27 de abril de 1952 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado na terceira rolda do Draft da NBA polos Phoenix Suns en 1974, aínda que non chegou a debutar co equipo de Novo México. Así pois, Gervin desenvolveu principalmente a súa carreira deportiva nos San Antonio Spurs, franquía na que é nove veces All-Star (incluíndo un premio ao mellor xogador do partido en 1980) e catro veces máximo anotar da competición.
Alén da NBA, participou noutras dúas competicións norteamericanas (a ABA e a CBA) e en dúas ligas europeas (a Lega e a ACB). En 1996 foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador. Tamén foi homenaxeado polos San Antonio Spurs sendo retirado o seu dorsal número 44, o cal hoxe pendura no AT&T Center.