Geostationary Operational Environmental Satellite

Un dos primeiros satélites GOES.

Geostationary Operational Environmental Satellite, máis coñecidos como GOES, é unha serie de satélites meteorolóxicos estadounidenses dependentes da NOAA, situados en órbita xoestacionaria. O primeiro GOES foi lanzado en 1974 e desde entón a serie foi cambiando e mellorando, podendo dividirse en varias familias de satélites. Os tres primeiros GOES foron coñecidos inicialmente como Synchronous Meteorological Satellite (SMS), cambiándose posteriormente a súa denominación.[1]

  1. Mark Wade (2020). "GOES" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne