Ginevra "Ginny" Molly Weasley é un personaxe ficticio da serie de libros de Harry Potter. É irmá dun dos personaxes principais, Ron Weasley e filla de Molly Weasley e Arthur Weasley. É a menor dos sete irmáns Weasley, e a única muller na familia Weasley en moitas xeracións.
Fisicamente é miúda, co cabelo vermello lume (marca característica da súa familia) e ollos marróns, é considerada unha das rapazas máis fermosas de Hogwarts. É unha meiga talentosa, sobre todo por unha habilidade especial co maleficio dos mocomorcegos.
Ginny é unha descendente da familia Weasley, unha das máis antigas familias máxicas de sangue puro na existencia. Os seus irmáns máis vellos son Bill, Charles, Percy, Fred, George e Ronald.
É tamén unha moi afectiva amiga de Harry Potter, Hermione Granger, Neville Longbottom e Luna Lovegood, e é cuñada de Fleur Delacour, quen casou co seu irmán máis vello Bill Weasley.
A pesar de que non tivo unha transcendencia maior nalgúns libros, destaca de maneira moi importante en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o misterio do príncipe, a continuación detállase a información da súa importancia en cada un deles.
Nas películas, Ginny é interpretada por Bonnie Wright.