Giralda

Vista da Giralda, na catedral de Sevilla.

Giralda é o nome que recibe o campanario da Catedral de Santa María da cidade de Sevilla, en Andalucía (España). Os dous terzos inferiores da torre corresponden ao alminar da antiga mesquita da cidade, de finais do século XII, na época almohade, mentres que o terzo superior é un remate engadido en época cristiá para albergar as campás. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaja sobre a cal álzase o Giraldillo, estatua que fai as funcións de catavento e que foi a escultura en bronce máis grande do Renacemento europeo.

A Giralda, coas súas 97,5 m de altura (101 m incluído o giraldillo), foi durante séculos a torre máis alta de España e o edificio máis alto da cidade ata a construción da Torre Sevilla.[1] É ademais unha das construcións máis famosas de toda Andalucía. O 29 de decembro de 1928 foi declarada Patrimonio Nacional e en 1987 integrou a lista do Patrimonio da Humanidade.

  1. Ayesa. "Presentación sobre la Torre Cajasol" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2014. Consultado o 12 de abril de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne