![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1452 ![]() Ferrara (Ducado de Ferrara) ![]() |
Morte | 23 de maio de 1498 ![]() Florencia (República de Florencia) ![]() |
Causa da morte | pena de morte, morte na fogueira ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Ferrara (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía, Homilética, política e Reforma Protestante ![]() |
Ocupación | político, predicador, teólogo, escritor, filósofo, relixioso cristián, reformator (en) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade de Ferrara (pt) ![]() ![]() |
Movemento | Filosofía occidental ![]() |
Profesores | Peter of Bergamo (pt) ![]() ![]() |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Савонарола Джироламо) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Girolamo Maria Francesco Matteo Savonarola, nado en Ferrara, Italia o 21 de setembro de 1452 e finado en Florencia o 23 de maio de 1498, foi un relixioso dominico e predicador italiano, confesor do gobernador de Florencia, Lourenzo de Medici, organizador das soadas fogueiras das vaidades onde os florentinos estaban convidados a guindar os seus obxectos de luxo e os seus cosméticos, ademais de libros que consideraba licenciosos, como os de Giovanni Boccaccio. Predicou contra o luxo, o lucro, a depravación dos poderosos e a corrupción da Igrexa católica, contra a procura da gloria e contra a sodomía, sospeitando que estaba en toda a sociedade de Florencia, onde el viviu.
Predixo que un novo rei Ciro atravesaría o país para pór orde nos costumes dos sacerdotes e do pobo e a entrada do exército francés de Carlos VIII, en 1494, na Toscana confirmou a súa profecía. As súas críticas violentas contra a familia que gobernaba Florencia neses anos, os Medici, acusándoos de corruptos, contribuíron á expulsión do gobernador Piero de Medici polos florentinos en 1495. Os seus ataques contra o papa Alexandre VI valéronlle, primeiramente a excomuñón e a prisión, e máis tarde, tras ser liberado e conducido a Roma polos grandes comerciantes florentinos, a condena á fogueira por un tribunal da Inquisición e a inclusión da súa obra no Índice de libros prohibidos.