Glass | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Glass |
Director | M. Night Shyamalan |
Produtor |
|
Guión | M. Night Shyamalan |
Intérpretes | |
Música | West Dylan Thordson |
Fotografía | Mike Gioulakis |
Montaxe | Luke Ciarrocchi Blu Murray |
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Alamo Drafthouse Cinema: 12 de xaneiro de 2019[1] |
Duración | 129 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 20 millóns de dólares[3] |
Recadación | 199 millóns de dólares[3] |
Filme anterior | Split |
Na rede | |
https://www.glassmovie.com/ | |
|
Glass é un filme estadounidense de 2019 escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan. É un suspense[4] que é unha secuela dos anteriores filmes de Shyamalan Unbreakable (2000) e Split (2016), servindo como peche da triloxía.[5] Bruce Willis, Samuel L. Jackson, Spencer Treat Clark e Charlayne Woodard recuperan os seus papei do filme Unbreakable, mentres que James McAvoy e Anya Taylor-Joy recuperan os seus de Split,[6] xunto con Sarah Paulson, Adam David Thompson e Luke Kirby que se unen ó elenco. No filme David Dunn é encerrado nun hospital psiquiátrico xunto co seu inimigo Mr. Glass, e con "The Horde" e os tres lidian cunha psiquiatra que quere demostrar que os tres en realidade non teñen ningunha habilidade sobrehumana.