Glauconita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | (K,Na)(Fe3+,Al,Mg)2(Si,Al)4O10(OH)2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Filosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico, prismático |
Cor | Verde, verde azulado, verde amarelado |
Brillo | Térreo |
Dureza | 2 (escala de Mohs) |
Fractura | Micácea |
Exfoliación | Si |
Raia | Verde brillante |
Densidade | 2,67 g/cm3 |
A glauconita[1] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo filosilicatos e dentro destes pertence ás micas. É un hidroxi-silicato con numerosos ións metálicos, con numerosas variedades, até o punto de que máis que un mineral, a glauconita case é considerada como un grupo de minerais.
A cor é distintivamente verde, podendo ter tonalidade azulada ou amarelada. Normalmente encóntrase en forma de agregados redondeados, con partículas escamosas, como todas as micas, pero de gran moi fino.
O seu nome provén do grego glaukos, que significa azul-verdoso, en alusión á súa cor. A verba glauconio usouse antes de 1823, cando se renomeou glauconita.