Glomerulonefrite proliferativa aguda

Glomerulonefrite proliferativa aguda
Clasificación e recursos externos
Micrografía dunha glomerulonefrite postinfecciosa. Biopsia renal. Tinción PAS.
ICD-10N.02
ICD-9580
OMIM161950
DiseasesDB29306
MedlinePlus000503
eMedicinemed/ 889
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A glomerulonefrite proliferativa aguda é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). Prodúcese tipicamente após un proceso infeccioso, coma complicación dunha farinxite ou unha afección cutánea (impétigo), polo que esta glomerulonefrite tamén é coñecida coma glomerulonefrite aguda postinfecciosa ou glomerulonefrite postestreptocócica, xa que na meirande parte dos casos é por mor da bacteria Streptococcus pyogenes.

Dende que se produce a infección primaria que causa a doenza até que comezan os síntomas renais, poden pasar de dúas a tres semanas se produciu por un antecedente de farinxite, e de catro a seis semanas no caso de que for por mor dunha infección da pel.

Adoita afectar tipicamente a varóns máis que a mulleres, e afecta máis aos nenos de entre 1 e 10 anos, tendo un pico de incidencia aos 7 anos. Malia isto, nos últimos anos estase a experimentar un aumento na indicencia nos adultos, sobre todo na poboación anciá e nos individuos inmunocomprometidos (VIH, transplantados etc.).[1]

Podería ser un factor de risco para a albuminuria (perda da proteína albumina) no futuro.[2]

  1. Nasr SH, Radhakrishnan J, D'Agati VD. Bacterial infection-related glomerulonephritis in adults. Kidney Int. 2013 May;83(5):792-803. doi: 10.1038/ki.2012.407. Epub 2013 Jan 9.
  2. White AV, Hoy WE, McCredie DA (2001). "Childhood post-streptococcal glomerulonephritis as a risk factor for chronic renal disease in later life". Med. J. Aust. 174 (10): 492–6. PMID 11419767. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne