Gloster Gauntlet

Gloster Gauntlet
Tipocaza
FabricanteGloster Aircraft
Primeiro voo1933
Introducido1933
Retirado1943
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Forza Aérea de Dinamarca
Forza Aérea de Finlandia
Produción1933 - 1936
Unidades construídas246
VariantesGloster Gladiator

O Gloster Gauntlet foi un biplano monopraza de caza deseñado e fabricado polo construtor británico Gloster Aircraft nos anos 30. Foi o derradeiro caza en ser operado pola Royal Air Force (RAF) cunha cabina aberta, e o penúltimo caza biplano no seu servizo.

O Gauntlet tivo un proceso de desenvolvemento algo longo, vinculándose ao prototipo S.S.18 de 1929. Amplas modificacións, incluídos múltiples cambios no motor e para adaptarse a distintas especificacións, resultando nun avión relativamente rápido para a época, con armamento pesado e manobrablilidade favorable. A mediados de 1933 foi bautizado como Gauntlet e o Ministerio do Aire realizou un pedido inicial por 24 avións en setembro dese ano. Mercouse como un substituto para o Bristol Bulldog, sendo un 80 km/h máis rápido e con armamento máis pesado. En maio de 1935 o No. 19 Squadron converteuse na primeira unidade en recibir o Gauntlet I.

Un modelo mellorado, o Gauntlet II, con melloras estruturais que proviñan da nova compañía nai de Gloster, Hawker, desenvolveuse en 1934; as entregas deste novo modelo comezaron no ano seguinte. Gloster recibiu pedidos por máis de 200 Gauntlet II, sendo finalmente operado por 14 escuadróns do Mando de Caza da RAF. Usouse para varios roles, incluído unha serie segreda de exercicios que incluían aprimeira intercepción dun avión usando información transmitida dende un radar terrestre, unha técnica que sería vital durante a segunda guerra mundial. Porén, en 1936 os escuadróns de primeira liña comezaron a reequiparse con cazas máis avanzados, como os Gloster Gladiator, Hawker Hurricane e Supermarine Spitfire. Os Gauntlet usáronse cada vez máis en roles secundarios e en escuadróns de ultramar, servindo cunha capacidade moi reducida durante a segunda guerra mundial. Os derradeiros exemplares retiráronse en 1943.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne