Gloster Gladiator | |
---|---|
![]() Gladiator na actualidade | |
Tipo | caza |
Fabricante | Gloster Aircraft Company, Ltd. |
Deseñado por | Henry Phillip Folland |
Primeiro voo | 12 de setembro de 1934 |
Introducido | 1937 |
Retirado | 1953 (Portugal) |
Principais usuarios | Royal Air Force Fleet Air Arm Forza Aérea de Finlandia |
Unidades construídas | 747 |
O Gloster Gladiator foi un caza biplano británico usado durante a segunda guerra mundial. Foi o derradeiro caza biplano producido no Reino Unido e foi a espiña dorsal do mando de caza británico antes da guerra. Voou por primeira vez en 1934 como unha evolución do Gloster Gauntlet cun motor máis potente e a cabina pechada. Entrou en servizo en 1937 e fabricáronse 768 exemplares ata a primavera de 1940.
Durante a guerra serviu en todos os teatros e nun gran número de forzas aéreas distintas, algunhas delas do Eixo. A RAF usouno en Francia, Noruega, Grecia, na defensa de Malta, Oriente Medio, e na breve guerra anglo-iraquí (durante a cal a Real Forza Aérea de Iraq estaba equipada de forma similar). Outros países despregaron o Gladiator, incluídos China contra o Xapón, a partir de 1938; Finlandia (xunto cos voluntarios suecos) contra a Unión Soviética na guerra de Inverno e na guerra de Continuación; Suecia como non combatente neutral (aínda que os voluntarios suecos loitaron por Finlandia contra a URSS como se dixo anteriormente); e Noruega, Bélxica, e Grecia resistindo a invasión do Eixo dos seus respectivos países.