Goberno das Canarias

Goberno das Canarias.

O Goberno das Canarias[1] é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma das Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía das Canarias.

O Estatuto de Autonomía das Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma das Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno das Canarias.

O Goberno das Canarias ten a súa sede principal en Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canario.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne