Godflesh | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Godflesh | |||||
Data de edición: | 1988 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | xuño - xullo de 1988 | ||||
Estudio(s) de gravación: | Soundcheck, Birmingham | ||||
Duración: | 30:48 | ||||
Xénero musical: | metal industrial | ||||
Selo discográfico: | Swordfish Records | ||||
Producido por: | J. K. Broadrick, G. C. Green | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Godflesh é o EP de estrea da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado orixinalmente en 1988 a través do selo Swordfish Records.[1] Posteriormente sería reeditado varias veces por Earache Records con dous temas adicionais. O EP foi un éxito underground inesperado e alcanzou o posto 20 da lista indie británica.
Godflesh foi gravado e producido durante un período de dous meses en Birmingham polo líder Justin Broadrick e o baixista G. C. Green, que xa tocaran xuntos nunha primeira versións da banda coñecida como Fall of Because. A pesar de quedar eclipsado polo éxito do seu primeiro álbum de estudio, Streetcleaner (1989), o EP foi un dos primeiros lanzamentos do metal industrial e axudou a definir o son do xénero con ritmos programados, guitarras metal pesadas e unha énfase pouco común no baixo.[2]