![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Godefroi de Bouillon ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1060 ![]() Boulogne-sur-Mer (Reino de Francia) ![]() |
Morte | 18 de xullo de 1100 ![]() Xerusalén (Reino de Xerusalén) ![]() |
Causa da morte | morto en combate ![]() |
Lugar de sepultura | Santo Sepulcro ![]() |
Defensor do Santo Sepulcro | |
1099 – 18 de xullo de 1100 ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén ![]() |
Ocupación | monarca, escritor ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Querela das Investiduras Primeira cruzada ![]() |
Outro | |
Título | Defensor do Santo Sepulcro (1099–1100) Duque de Baixa Lorena (1087–1100) ![]() |
Familia | Casa de Boulogne ![]() |
Pais | Eustaquio II de Boulogne ![]() ![]() |
Irmáns | Ida Eustaquio III de Boulogne Balduíno I de Xerusalén ![]() |
Parentes | Godofredo IV de Baixa Lotarinxia, tío ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Neue Deutsche Biographie (pt) ![]() ![]() |
![]() |
Godofredo de Bouillon, nado o 18 de setembro de 1060 e finado en Xerusalén o 18 de xullo de 1100 foi un cabaleiro franco, e un dos líderes da Primeira Cruzada dende 1096 até a súa morte. Foi señor de Bouillon, do cal tomou o seu epíteto, dende 1076 e Duque da Baixa Lorena dende 1087. Despois do exitoso sitio de Xerusalén no 1099, Godofredo converteuse no primeiro gobernante do Reino de Xerusalén. Rexeitou o título de Rei, xa que consideraba que o verdadeiro Rei de Xerusalén era Xesucristo, preferindo o título de Protector ou Defensor do Santo Sepulcro (latín: Advocatus Sancti Sepulchri). Tamén é coñecido como o "Barón do Santo Sepulcro" e o "Rei Cruzado".