Godzilla

Póster xaponés do primeiro filme de Godzilla (1954).

Godzilla (ゴジラ Gojira?) é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión. Producíronse dúas versións americanas con este personaxe como protagonista, o filme de 1998 e o filme de 2014.[1] O personaxe tamén é coñecido como Rei dos Monstros, un epíteto usado na versión americanizada do filme orixinal de 1954.

  1. Cosmic Booknews (ed.). "Godzilla (2014): New Director Gareth Edwards Set Video". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne