Golden Feelings

Golden Feelings
Álbum de Beck
Publicado1993
Gravación1992
Duración42:35
Xénero(s)anti-folk, lo-fi, country
Selo(s)Sonic Enemy
ProdutorBeck Hansen
Cronoloxía
- Golden Feelings A Western Harvest Field by Moonlight
Na rede
Discogs: 284202 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Golden Feelings é o álbum de estrea do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado en 1993 polo selo Sonic Enemy. O álbum amosa as súas raíces na escena anti-folk de Nova York.

Inicialmente só estivo dispoñible en cantidades limitadas en casete, pero Sonic Enemy remasterizou o álbum e reeditouno en CD a mediados de 1999. Beck molestouse xa que o fixeron sen o seu permiso e, despois de coñecer o seu enfado, Sonic Enemy parou de facer máis copias. Só se fabricaron 2.000, facendo que o CD se convertese nun obxecto moi valioso.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne