Gollum

Sméagol
Personaxe de O hobbit e O Señor dos Aneis

Debuxo de Gollum.
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Alcume Gollum
Raza Hobbit deformado
Sexo Masculino
Idade (2430 TI-25 de marzo de 3019)

Gollum é un personaxe da Terra Media no universo de historias de J. R. R. Tolkien. O seu nome orixinal era Sméagol, pero é coñecido como Gollum polo ruído regurxitante que fai coa gorxa.

O seu nacemento estímase cara ó ano 2430 da TI. A súa morte tivo lugar o 25 de marzal de 3019 TI, ó caer, xunto co Anel Único, nas Fendas do Monte do Destino. O seu período de vida foi estendido máis alá dos seus límites naturais por efecto de ter posto bastante tempo o Anel Único, unha idade sobrenatural para unha criatura que outrora fora un Hobbit, aínda que se foi deformando e corrompendo en mente e corpo polo poder do anel. Un dos seus desexos máis profundos foi o de posuír o anel (que o tiña escravizado), e estívoo buscando durante moitos anos despois de perdelo.

Véxase tamén: Cronoloxía de Arda.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne