Unha goma de borrar[1], ou simplemente goma, é un instrumento de man cuxa finalidade é eliminar trazos xeralmente de lapis, aínda que tamén pode ser de tinta ou marcador.
Xa polo ano 1770, describiuse unha goma natural para borrar marcas feitas con lapis. É moi común usala hoxe en día e é un dos principais materiais en escolas e oficinas.
O borrador ten unha consistencia semellante á goma, de aí o seu nome. Algunhas conteñen materiais plásticos como o titinilio, plástico extraído do tratamento do titanio e vinilo. Certos lapis posúen goma de borrar nun extremo. Existen gomas con extracto de pumita para debuxo técnico. A súa materia prima é extraída dunha árbore da selva virxe no Brasil, chamada Árbore de caucho ou Seringueira.