San Tomé de Gondar | |
---|---|
![]() Capela de san Tomé | |
Concello | Sanxenxo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°26′01″N 8°49′53″O / 42.43361111, -8.83138889 |
Área | 4,09 km² |
Poboación | 816 hab. (2016) |
Densidade | 199,51 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Gondar é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 816 habitantes (417 mulleres e 399 homes), o que significa un descenso de poboación respecto ós anos anteriores: en 2009 tiña 852 habitantes, e no ano 2000 eran 829 habitantes. Distribúense en 11 entidades de poboación.
Situada no norte do concello, linda ó nordés co concello de Meaño (parroquia de Dena); ó sueste coa parroquia de Nantes; ó sur coa de Adina, ó suroeste coa de Noalla e ó noroeste coa de Vilalonga.
Na división territorial eclesiástica, a parroquia de Gondar anexionouse á de San Pedro de Vilalonga. Por ese motivo, igual que acontece coa parroquia de Arra, non figura como parroquia na páxina web do concello de Sanxenxo.[2]