![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Good Company é unha canción que forma parte do álbum A Night at the Opera, editado en 1975 pola banda de rock inglesa Queen.
Brian May, o guitarrista, foi o autor da canción e era tamén quen a icantaba, ao tempo que tocaba o banjo, nas actuacións en directo, que substituíu por un ukelele na versión gravada.
A canción, inspirada na vida do pai do compositor, narra a historia dun rapaz ao que o seu pai lle daba consellos para saber elixir as compañías. Logo, ao ir pasando o tempo, casa e vai perdendo interese polos seus amigos e estes van desaparecendo, e así vai facéndose vello.
Ao final fala un home de idade avanzada que narra a historia e experiencias da súa vida, porque xa non ten a quen máis contarllas.