Curtametraxe de The Simpsons | |
---|---|
"Good Night" | |
Curta número | 1 |
Código de produción | MG01 |
Data orixinal da estrea | 19 de abril de 1987 |
Guionista | Matt Groening |
Directores | Wesley Archer David Silverman Bill Kopp |
Duración | 01:49 |
"Good Night" (en galego: "Boas noites") é a primeira curtametraxe de The Simpsons, que apareceu en The Tracey Ullman Show[1]. Emitiuse orixinalmente o 19 de abril de 1987, durante o terceiro episodio de The Tracey Ullman Show, sendo tamén a primeira aparición da familia Simpson na televisión. Tras tres temporadas en Tracey Ullman, as curtas serían adaptadas para crear unha serie animada independente, chamada The Simpsons. A curta "Good Night", desde aquela, foi de novo emitida na serie no episodio "The Simpsons 138th Episode Spectacular", xunto a outras, sendo ademais incluída como extra no DVD da primeira temporada.