Good Riddance | |
---|---|
Orixe | Santa Cruz (California), |
Período | 1986 - 2007 |
Xénero(s) | punk rock, hardcore melódico, skate punk |
Selo(s) discográfico(s) | Fat Wreck Chords |
Membros | Russ Rankin Luke Pabich Chuck Platt Sean Sellers |
Artistas relacionados | Only Crime, State of Grace, Creep Division, The Real McKenzies, Authority Zero |
Na rede | |
http://grpunk.com/ | |
Good Riddance foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Santa Cruz (California). O grupo formouse no ano 1986 e separaríase no 2007, despois de editar sete álbums de estudio a través do selo Fat Wreck Chords. Liderada polo vocalista Russ Rankin, nela tamén estaban o guitarrista Luke Pabich, o baixista Chuck Platt e o batería Sean "SC" Sellers. O seu son estaba influenciado pola escena hardcore punk e a banda foi coñecida por combinar punk rock rápido e melodías pegadizas. As letras van dende a protesta política e a análise crítica da sociedade estadounidense ata a loita persoal e a alienación.